Pedra da Garza's profilePedra da GarzaPhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    August 27

    Próxima actuación

    O GBMT "Pedra da Garza" parcipará unha vez máis na próxima edición do Festival Folklórico do Condado organizado polo Concello de Ponteareas.
    Nesta ocasión a cita terá lugar a tarde do día 14 de setembro na Praza Maior de dito concello.
     
    March 03

    V FEIRA DE ARTESANÍA (Fozara - Ponteareas)

    VENRES SANTO E SÁBADO DE PASCUA
    21 E 22 DE MARZO, a partir das 16:00h.
     
    A Feira de Artesanía contará coa exposición e venda de:
      
    • Cestería
    • Arte en area
    • Tamanqueiros
    • Barro
    • Encaixe de bolillos
    • Vidro
    • Orfebrería
    • Cerámica
    • Licores
    • Productos típicos
    PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
     
    Venres, 21 DE MARZO
    17:00h, XOGOS TRADICIONAIS
     
    Sábado, 22 DE MARZO
    18:00hRepresentación da obra "Yo Payaso" a cargo da compañía "TÍTERES & GUALTRAPAS" (Compañía colaboradora de PAYASOS SIN FRONTERAS).
    22:00h, comeza o SERÁN (haberá de comer e beber para todos).
    January 10

    X Aniversario Pedra da Garza

    Este ano o GBMT Pedra da Garza celebra o X Aniversario da súa fundación.
    O primeiro dos actos é, como xa ven sendo habitual, o Festival organizado pola asociación, que este ano terá lugar na tarde do domingo 27 de xaneiro no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, e que corresponde a súa III edición.
    Nesta ocasión subirán ó escenario acompañando a Pedra da Garza os grupos "Breogán", e "Trompos os Pés".
    Iremos ampliando información sobre o festival e os grupos participantes ó longo destes días.
    Un saúdo de Pedra da Garza.
    January 07

    Cabalgata de Reis en Ponteareas 2008

     
     
    O GBMT Pedra da Garza na Cabalgata de Reis do Concello de Pontareas o 05.01.2008.
    January 03

    Danzas de Reis

    O GBMT Pedra da Garza participará na Cabalgata de Reis do Concellode Ponteareas este sábado día 5 de Xaneiro.
    O percorrido comezará ás 18:30h, e durante as pequenas paradas que realiza a comitiva, os danzantes executarán varias Danzas de Reis das parroquias de Fozara e Pías.
    O domingo día 6 pola mañá, despois da misa, volverán interpretalas na súa propia parroquia, Fozara.
    Non perdades a oportunidade de ver unha das manifestacións culturais máis antigas da nosa comunidade autónoma.

    DSC03235

    October 15

    Pedra da Garza en Paredes 13.10.2007

    O pasado sábado, 13 de outubro, o GBMT Pedra da Garza participóu nas festas da Parroquia de Paredes.
    Aquí tedes dous dos bailes que interpretaron.

     

     

    August 30

    Festival do Condado

    Despóis de actuar nas festas parroquiais de Toutón, Fontenla, etc., ou na Festa do Viño de Salvaterra; teredes unha nova oportunidade de ver no escenario ó GBMT Pedra da Garza na próxima edición do Festival do Condado, que se celebrará o domingo 16 de setembro pola tarde no Concello de Ponteareas.
     
    July 17

    Memorial Lola Diz

    O GBMT Pedra da Garza participarán o este sábado día 21 de Xullo no Memorial Lola Diz no paseo marítimo de Moaña. Este encontro folclórico, organizado pola Agrupación Breogán, na honra da súa fundadora, comezará ás 21:00h cun pasarrúas polo citado paseo para comezar coas actuacións musicais ás 21:30h no palco da música que está situado no mesmo paseo.
    Ademáis de Pedra da Garza participarán tamén un grupo de acordeonistas moañeses, a AF Tangaraño de Mos e os anfitrións do encontro.
     
    Recordade: sábado 21 de Xullo, ás 21:00h, no paseo marítimo de Moaña, teredes unha nova oportunidade para ver en escea ó GBMT Pedra da Garza de Fozara.
    June 22

    San Juan

    Tódolos anos, a parroquia de Fozara celebra a festividade de San Juan cunha misa grande o día 24 de Xuño. Como xa ven sendo habitual, o Grupo de Música e Baile Tradicional "Pedra da Garza" participará da celebración.
    A procesión comezará ás 12:00h na capela. O grupo de baile, a Banda de Música de Ponteareas e os veciños acompañarán á imaxe de San Juan ata o cruceiro que fai fronteira entre A Lomba e Outeiro de Castro. Alí haberá unha intervención musical, tanto da Banda de Música como de "Pedra da Garza", para voltar de novo á capela.
    Despois da misa solemne, que dará comezo ás 13:00h, a Banda de Música e "Pedra da Garza" farán a súa actuación.
    April 23

    Próxima actuación

    O Grupo de Baile e Música Tradicional "Pedra da Garza" actuará o sábado 26 de maio ás 12:00h na Igrexa de Padróns, en Ponteareas, con motivo das festas parroquiais.
    Esperamos vervos alí.
    March 26

    FEIRA DE ARTESANÍA (Fozara-Ponteareas 2007)

    VENRES SANTO E SÁBADO DE PASCUA
    6 E 7 DE ABRIL, a partir das 16:00h.
     
    A Feira de Artesanía contará coa exposición e venda de:
     
    • Ganchillo
    • Cestería
    • Arte en area
    • Tamanqueiros
    • Productos de Aloe Vera
    • Barro
    • Encaixe de bolillos
    • Vidro
    • Arte floral
    • Coiro
    • Productos típicos (marmelada, licores caseiros e outros)
    PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
     
    Venres, 06 DE ABRIL
    17:00h, Teatro a cargo do grupo ARGALLEIROS
    19:00h, Demostración de Bailes de Salón
     
    Sábado, 7 DE ABRIL
    18:00h, Teatro a cargo do grupo PEDRA ROSADA de Atios, coa obra "Sogras Bárbaras".
    22:00h, comeza o SERÁN (haberá de comer e beber para todos).
    February 19

    Actuación en Fozara 2005

      
    Aquí tedes un fragmento dunha das nosas actuacións en Fozara.

    SERÁN 2007

    Hola a todos:
    Como xa ven sendo habitual, este ano voltamos a celebrar o noso serán.
    O día escollido é o 7 de abril (sábado), o lugar o de tódolos anos: o campo de fútbol de Fozara (Ponteareas).
    Alí vos esperamos a todos para que contribuades a fecer desta festa un acontecemento memorable.
     
    Estade atentos á programación das nosas actividades. En canto poidamos publicaremos toda a información coa programación das actividades da Semana Santa.
     
    Saúdos. 
    February 03

    II Festival Pedra da Garza

      
    O pasado domingo 28 fixemos o II Festival Pedra da Garza,  no Auditorio Reveriano Soutullo.
    Nel contamos coa participación dos seguintes grupos:
     
    A Ponte Vella - Teo - Santiago
    Os Amigos do Castelo - Celorico de Basto - Portugal
    Penaguda - Dena - Meaño
     
    Queremos dar as gracias a tod@s os que vos achegastes alí para velo.
     
    Gracias
     
     
    January 28

    Pedra da Garza

     

    Pedra da Garza empezou en 1998 pola inquedanza de preservar os valores tradicionais da cultura galega.

    Pouquiño a pouco fomos crecendo como entidade cultural. As mestras do noso comezo, como grupo de baile e pandereteiras foron Alba e Leni, integrantes do grupo Novo Serán  das Cortellas.

    Dende hai catro anos temos como mestra do grupo de baile e pandereteiras a Nuria,  membro de O Fiadeiro. 

    O grupo de gaitas existe dende hai tres anos, dende o 2003. Tendo como mestre a Rafa Crespo tamen membro de O Fiadeiro.

    Pedra da Garza asiste a diversos acontecementos con asiduidade anual, como A Festa do Viño de Salvaterra, organizada polo Concello de Salvaterra de Miño; o Festival Folclórico do Condado organizado polo Concello de Ponteareas.

    E tamén en varias parroquias da comarca do Condado e arredores, incluido actuacións en Portugal.

    O grupo de pandereteiras participa anualmente no Festival de pandereteiras do Condado, e en varios Concursos de pandereteiras tanto na provincia de Pontevedra como da Coruña.

    Acadando no ano 2006 o 3º premio no Concurso A. C. Os Muiños de Oliveira.